Ir o contido principal

Obradoiro

Cerámica prehistórica

Primaria
Cerámica prehistórica

Trátase dun obradoiro para descubrir un dos maiores inventos  da humanidade: a cerámica. Unha actividade que, xunto con  outras innovacións técnicas das comunidades agrícolas e gandeiras, mudou o curso da historia. Ademais poderán aprender algunhas das técnicas empregadas na elaboración e decoración das típicas pezas da Idade do Bronce. 

Obxectivos didácticos:

  • Descubrir e entender a importancia da cerámica para a vida cotiá.
  • Reproducir as fases do proceso de creación e realización  dunha peza cerámica.
  • Reforzar a creatividade e destreza manual de forma individual  do alumnado.
  • Coñecer, valorar e respectar os aspectos básicos da cultura Neolítica e da Idade do Bronce en Galicia
  • Tipo de actividade:
  • Nivel:
    Primaria
  • Duración:

    1 hora

Solicita visita
Normas da visita

Máis visitas escolares

Obradoiro

As cores da Prehistoria

Infantil, Primaria
As cores da Prehistoria

Neste obradoiro, o alumnado entenderá a importancia da linguaxe gráfica, plástica e visual como medio de expresión na Prehistoria. Coñecerán diversas réplicas arqueolóxicas para finalmente experimentar de primeira man os diversos procesos creativos da Prehistoria, pintando cos dedos sobre un mural de papel. 

 

Obxectivos didácticos:

 

  • Adquirir coñecementos arredor da creación de pigmentos  na Prehistoria. 

  • Coñecer os útiles básicos para a creación das pinturas na Prehistoria. 

  • Producir, deseñar e compoñer, individualmente ou en grupo,  as fases do proceso de creación e realización dunha  decoración mural. 

  • Reforzar a creatividade e destreza manual.

  • Tipo de actividade:
  • Nivel:
    Infantil e 1º e 2º de EP
  • Duración:

    1 hora

Solicita visita
Normas da visita

Máis visitas escolares

Obradoiro

Os símbolos nas rochas

Infantil
Símbolos nas rochas

Neste obradoiro recordaremos que son os petróglifos e descubriremos e identificaremos os diferentes motivos que aparecen grabados nas pedras: cabalos, cervos, barcos, espadas, círculos, puntos… Ademáis o alumnado poderá producir os seus propios petróglifos sobre papel.

Obxectivos didácticos:

  • Coñecer a Arte Rupestre e os motivos que foron grabados nos petróglifos.

  • Descubrir a diversidade plástica dos petróglifos: xeométricos e figurativos.

  • Producir e compoñer de forma individual un motivo rupestre.

  •  Desenvolver a creatividade e a destreza manual.

  • Tipo de actividade:
  • Nivel:
    Infantil
  • Duración:

    1 hora

Solicita visita
Normas da visita

Máis visitas escolares

Obradoiro

Sementes do pasado

Infantil
Cereais

Mediante esta actividade o alumnado poderá entender a importancia que tivo a innovación tecnolóxica da agricultura. Coñecerán en primeira persoa os procesos que conduciron ao descubrimento da domesticación das plantas e as vantaxes e cambios que significou para a vida dos seres humanos. Ademais poderán plantar e realizar parte do proceso de produción para a obtención da fariña.

Obxectivos didácticos:

• Valorar a importancia da agricultura para a vida dos seres humanos.

• Entender e aprender as fases simples da domesticación das plantas.

• Recoñecer e identificar as ferramentas principais da agricultura no Neolítico e a Idade do Bronce.

• Experimentar de primera man coas réplicas arqueolóxicas destinadas á práctica arqueolóxica.

  • Tipo de actividade:
  • Nivel:
    Infantil.
  • Duración:

    1 hora

Solicita visita
Normas da visita

Máis visitas escolares

Exhibición

Unha Prehistoria chea de Arte

Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato
Unha Prehistoria chea de Arte

Ao longo da Prehistoria atopamos diferentes representacións artísticas: pinturas, gravados e esculturas. E aparecen en diferentes espazos e soportes: covas, abrigos, rochas e obxectos. Nesta exhibición faremos un pequeno repaso polos diferentes estilos e representacións artísticas máis destacadas da Prehistoria e amosaremos como creaban pigmentos e reproduciremos algunhas das técnicas empleadas.

  • Tipo de actividade:
  • Nivel:
    Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato
  • Duración:

    20 minutos

Solicita visita
Normas da visita

Máis visitas escolares

Exhibición

Na procura do lume

Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato
Na procura do lume

A descuberta do lume e a súa “domesticación” cambiou por completo a vida dos nosos antepasados. Foi fonte de luz e calor, símbolo de protección e afianzador das relacións sociais, permitiu cociñar os alimentos e transformar as materias coas que producir mellores ferramentas. Pero naquel tempo non era doado obter lume, polo que unha labor importante era coidalo. Nesta exhibición amosaremos diferentes técnicas empregadas na Prehistoria para acender un lume.

  • Tipo de actividade:
  • Nivel:
    Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato.
  • Duración:

    20 minutos

Solicita visita
Normas da visita

Máis visitas escolares

Obradoiro

Contas para o máis alá

Primaria
Colar Cousa Nova

Este obradoiro comeza no CIDAR, onde visitaremos a réplica dunha cista e o enxoval funerario do túmulo da Chousa Nova (Silleda), a través dos cales aprenderemos máis sobre os contextos funerarios antigos. Despois o alumnado poñerá a proba os coñecementos adquiridos resolvendo unhas fichas e creará un colar “prehistórico” inspirado no de Chousa Nova. 

Obxectivos didácticos:

  • Reflexionar sobre a importancia do ámbito funerario  nas comunidades humanas da Prehistoria.
  • Comprender os modos de vida na Idade do Bronce  a través da visita á área expositiva.
  • Aprender nocións sobre o comercio baseado no intercambio  de materiais na Prehistoria.
  • Tipo de actividade:
  • Nivel:
    Primaria
  • Duración:

    1 h

Solicita visita
Normas da visita

Máis visitas escolares

Visita guiada

De paseo con Landra

Infantil
Ven coñecer a Landra!

Visita dinamizada na que Landra, unha rapaza da Idade do Bronce, iranos ensinando como era a vida na Prehistoria e como se facían os petróglifos. Da súa man, utilizando réplicas arqueolóxicas, reproduccións de petróglifos, e mediante un pequeno xogo simbólico, coñeceremos máis en detalle como era a vida fai 4.000 anos.

  • Tipo de actividade:
  • Nivel:
    Infantil
  • Duración:

    1 hora.

Solicita visita
Normas da visita

Máis visitas escolares

Caza na Prehistoria

-
Caza na Prehistoria

Mergúllate na prehistoria cun obradoiro teórico-práctico de caza. Durante unha hora, aprenderás as técnicas utilizadas polos nosos antepasadosa para cazar, utilizando  arco, frecha, propulsor, e azagaia. Guiado polos monitores expertos, practicarás o uso destes utensilios de  caza descubrindo as habilidades que os primeiros seres humanos desenvolveron para sobrevivir. Unha experiencia única para conectar coa historia e as técnicas ancestrais dun xeito divertido e didáctico.

  • Cando:

    Domingos de maio

  • Onde:

    PAAR do Campo Lameiro

  • Público destinatario:

    Público xeral

  • Duración:

    1 h

  • Prezo:

    8€.

Reservar actividad

Máis actividades

Expertos internacionais e galegos reúnense no Parque Arqueolóxico para debater sobre a Arte Rupestre Atlántica

26 de Setembro de 2024

O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR) de Campo Lameiro acollerá os días 20 e 21 de setembro as I Xornadas Internacionais da Arte Rupestre Atlántica, unha iniciativa que traerá persoas especialistas no mundo dos petróglifos de Irlanda, Escocia, Portugal e Galicia. As xornadas están organizadas pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.

A Arte Rupestre Atlántica representa un patrimonio compartido que conecta Galicia, Portugal e as Illas Británicas a través de expresións culturais e simbólicas comúns da Prehistoria. Esta iniciativa ten como finalidade promover un espazo de cooperación entre universidades, museos, centros de interpretación e colectivos especializados, co obxectivo de afianzar o papel de Galicia como un territorio de referencia na investigación, protección e divulgación desta tipoloxía de arte rupestre.

Programa e relatorios destacados

As xornadas contarán cunha serie de obradoiros, charlas e conferencias impartidas por expertos de renome internacional.

Sábado, 20 de setembro: Obradoiros e Seminarios A xornada do sábado está centrada en actividades prácticas e de campo.

  • Obradoiro de Restauración da Arte Rupestre: Alejandro Javier Pujales, conservador-restaurador especializado en Arqueoloxía, abordará a investigación e aplicación de métodos para o control de liques e musgos en petróglifos.
  • Obradoiro de Rexistro e Fotogrametría 3D: O grupo GEPN-AAT da Universidade de Santiago de Compostela, integrado por Alia Vázquez-Martínez, Miguel Carrero Pazos e Alexis Maldonado Ruiz, presentará un proxecto de fotogrametría para a documentación da arte rupestre de Campo Lameiro.
  • Visita guiada e nocturna: O programa inclúe unha visita en microbús polos petróglifos estudados por Ramón Sobrino Buhigas e Sobrino Lorenzo nos concellos de Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade. Ademais, haberá unha visita especial nocturna aos petróglifos do PAAR.

Domingo, 21 de setembro: Charlas e Conferencias O domingo será o día das conferencias, con intervencións sobre as últimas investigacións e a conservación da arte rupestre.

  • Xosé-Lois Armada (INCIPIT-CSIC) falará sobre “As conexións Atlánticas durante a Idade do Bronce”.
  • Joana Valdez-Tullet (Durham University) presentará un relatorio sobre o pasado, presente e futuro da arte rupestre atlántica.
  • Elizabeth Shee Twohig (University College Cork), experta en arte rupestre atlántica e arqueoloxía do Neolítico e da Idade do Bronce en Irlanda, intervirá sobre a continuidade e transformacións na arte megalítica irlandesa.
  • Fernando Carrera, ex director da Escola de Restauración de Bens Culturais de Pontevedra, compartirá reflexións sobre a conservación da arte rupestre.
  • Elena Cabrejas (INCIPIT-CSIC) presentará o proxecto “Laxe dos Bolos, o coloso descoñecido da Arte Rupestre Atlántica”.
  • Sofía Figueiredo-Persson (Universidade NOVA de Lisboa) centrarase na mediación cultural a través de imaxes e experiencias.

O evento pecharase cunha mesa redonda que permitirá identificar liñas de cooperación e fortalecer redes internacionais para a documentación e conservación do patrimonio rupestre. Ademais haberá unha visita guiada para coñecer de preto o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre.

Inscríbete! 

Podes participar só o sábado? Só o domingo? Queres vir os dous días? Non hai problema!

Fai a túa reserva de maneira gratuíta escollendo os días que poidas vir. Hai un número limitado de inscricións, así que non demores a túa inscrición!

Máis novas

Reservar ahora