Ir o contido principal

Visita guiada

Un paseo polo PAAR

Primaria, Secundaria, Bacharelato
PASEO POLO PAAR

Percorrido guiado pola área arqueolóxica adaptado aos diferentes ciclos educativos para coñecer máis sobre os petróglifos, a paisaxe que os rodea e como era a vida na Idade do Bronce, descubrindo un dos petróglifos mellor conservados de toda Galicia. 

 

  • Tipo de actividade:
  • Nivel:
    Primaria, secundaria e Bacharelato
  • Duración:

    1 h

Solicita visita
Normas da visita

Máis visitas escolares

Esta primavera desata o teu espírito prehistórico!

10 de Outubro de 2025

Aventura e misterio agardan esta primavera no PAAR! Mergúllate na prehistoria con obradoiros creativos e interactivos ata emocionantes xogos de orientación e un misterioso escape room.  Toda a programación do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro desenvolverase ao longo dos meses de marzo, abril, maio e xuño durante as fins de semana.

Primavera PAAR 2025

  • Obradoiros Creativos:
    • Comezaremos en marzo con “Primeiras Artistas“, onde descubriremos como se elaboraban as pinturas na prehistoria e crearemos o noso propio mural.
    • En abril, en “Adornos con Historia“, deseñaremos xoias inspiradas nas pezas prehistóricas.
    • Maio será o mes de “Amuletos Máxicos“, onde aprenderemos sobre obxectos de prestixio e fabricaremos o noso propio amuleto.
    • E para os máis aventureiros, en xuño teremos “Imos de Caza“, onde dominaremos o arco e a azagaia.
  • Aventura e Misterio:
    • Volve o noso exitoso escape room familiar, “O Tesouro da Moura“, un xogo de pistas que porá a proba a túa habilidade para resolver enigmas no interior do centro de interpretación.
    • “Petroaventura”, a gran novidade desta primavera, un xogo de orientación ao aire libre que te levará a percorrer os sendeiros do Parque Arqueolóxico mentres descobres os misterios que agochan as pedras de Campo Lameiro.
  • Noites Máxicas no PAAR:
    • As noites tamén terán o seu encanto coas nosas visitas guiadas nocturnas:
      • O 22 de marzo, “Cando os cervos perden a coroa“, onde exploraremos a presenza dos cervos nos petróglifos.
      • Noitepedras de lendas” o 18 e 19 de abril, e o 17 de maio, un percorrido arredor da tradición oral das rochas.
      • Solsticio en pedra” o 21 de xuño, para celebrar a noite máis especial do ano.
  • Eventos Especiais:
    • O 8 e 9 de marzo, celebraremos “A muller na arte rupestre“, cunha visita guiada especial.
    • Ovos de pascua” os días 17,18 e 19 de abril, unha búsqueda especial o aire libre polo Parque Arqueolóxico.
    • Aí ven o maio!” o 1 de maio, celebraremos o día cunha visita guiada e un obradoiro de land art para os máis pequenos.
  • Visitas Guiadas Diarias:
    • Como sempre, ofreceremos visitas guiadas diarias ás 12:30h e 17:30h para que non te perdas ningún detalle.

Reserva a túa Aventura!

Máis novas

Xa podes reservar as túas actividades para Semana Santa. Bótalle un ollo!

10 de Outubro de 2025

Esta Semana Santa, atrévete a vivir unha experiencia única no maior centro arqueolóxico de Galicia! Nas Terras de Pontevedra, agóchase unha sorpresa que te transportará á prehistoria. Imaxina cazar como un auténtico habitante da Idade de Bronce, ou descubrir a maxia dos petróglifos baixo a luz das lanternas en noites cheas de lendas. No Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre, queremos ofrecerche o plan máis orixinal para estas vacacións: unha aventura inesquecible a través do tempo.

Queres ver todo o que temos previsto para ti?

Máis novas

Celebra o Día das Letras Galegas e o Día Internacional dos Museos no PAAR cunha programación Especial!

10 de Outubro de 2025

Este sábado 17 e domingo 18 de maio, o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR) énchese de actividade para conmemorar dúas datas sinaladas: o Día das Letras Galegas e o Día Internacional dos Museos. E para celebralo ao grande, o acceso ao parque será gratuíto durante toda a fin de semana! Convidámoste a mergullarte na historia e na cultura a través dunha oferta de experiencias únicas deseñadas para todas as idades.

  • 🧭 Xogos de Orientación: Petroventura Explora os recunchos do noso parque dun xeito diferente! Participa nos nosos apaixonantes xogos de orientación e pon a proba as túas habilidades mentres descobres os segredos da nosa área arqueolóxica.
  • 🧩 Escape Room “O Tesouro da Moura”: Atréveste a resolver o enigma? O noso escape room “O Tesouro da Moura” desafíache a converterte nun auténtico buscador de obxectos perdidos e a desvelar misterios ancestrais.
  • 🤚 Obradoiro “Amuletos con Historia” Deixa voar a túa creatividade no noso obradoiro práctico. Aprende a fabricar os teus propios ídolos inspirados na prehistoria e leva contigo un amuleto cargado de significado.
  • 🐍 Visita nocturna especial “Noites no PAAR – Lendas e Letras Galegas” Ao caer o sol, vive unha experiencia máxica. Acompáñanos nun percorrido nocturno onde as lendas máis cativadoras da tradición oral galega, vinculadas aos petróglifos, cobrarán vida baixo as estrelas.

Máis novas

Vive connosco os Días Europeos da Arqueoloxía!

10 de Outubro de 2025

O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR), o maior centro de Galicia para comprender os enigmáticos petróglifos, súmase á celebración dos Días Europeos da Arqueoloxía (JEA) que terán lugar os días 13, 14 e 15 de xuño de 2025. Unha oportunidade única para que o público de todas as idades se achegue á historia e á investigación arqueolóxica.

Os Días Europeos da Arqueoloxía son un evento promovido polo Ministerio de Cultura francés, á que se sumaron os países membros do Consello de Europa, e coordinado polo Instituto Nacional de Investigacións Arqueolóxicas Preventivas (Inrap), que mobiliza a máis de 5000 eventos en 30 países. O seu obxectivo principal é concienciar aos cidadáns sobre a riqueza e diversidade do patrimonio arqueolóxico europeo, así como a necesidade de protexelo. En Galicia o PAAR é un dos axentes principais destas xornadas desde o seu comezo.

Programación no PAAR para toda a fin de semana

O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre ofrece unha variada programación durante estas tres xornadas, deseñada para mergullar aos visitantes na prehistoria e no fascinante mundo dos petróglifos e da arqueoloxía.

“De caza!”: Unha experiencia teórico-práctica para aprender as técnicas de caza dos nosos devanceiros e as súas armas. Os participantes poderán practicar o uso do arco, frechas, propulsor e azagaia. Sábado 14, de 11:00 a 12:00. Todos os públicos.

Visita guiada á Área Arqueolóxica: Acompañados por especialistas, os visitantes descubrirán os principais puntos da Área Arqueolóxica do Parque e a recreación do poboado da Idade do Bronce, desvelando os enigmáticos significados dos gravados na pedra.  Venres 13, Sábado 14 e Domingo 15 de xuño, de 12:30 a 13:30 e de 17:30 a 18:30. Todos os públicos.

Escape room: “O tesouro da moura”: Unha divertida aventura para nenos e familias, onde seguirán pistas e resolverán probas para recuperar o tesouro da lendaria moura de Campo Lameiro. Sábado 14 e Domingo 15 de xuño, de 16:00 a 17:00. Público familiar

Xogo interactivo: “Petroaventura”: Un xogo interactivo para aprender e pasear pola gran reserva natural e arqueolóxica do PAAR. Sábado 14 e Domingo 15 de xuño. Público familiar.

Os Días Europeos da Arqueoloxía son unha oportunidade excelente para achegarse ao patrimonio cultural, comprender a cadea operativa da arqueoloxía “da escavación ao museo” e fomentar o intercambio de coñecementos entre profesionais e cidadáns europeos.

Todas as actividades teñen prazas limitadas.

Máis novas

III EDICIÓN DE XORNADAS DE PETRÓGLIFOS

12 de Setembro de 2025

O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro celebrará o próximo sábado 20 de maio a III edición da xornada Cazadores de Petróglifos que ten como propósito divulgar proxectos e estudos recentes da arte rupestre de Galicia.

Mediante diferentes charlas, tanto do eido académico como do dos colectivos, o público asistente terá a oportunidade de coñecer diferentes traballos da man dos seus principais protagonistas.

A primeira charla será ás 10.30 horas, da man de Tania Mosquera, doutoranda no Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste Ibérico-Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio  na Universidade de Santiago de Compostela. Coa súa charla Cova Eirós e a arte rupestre das derradeiras sociedades cazadoras-recolectoras poderemos coñecer as investigacións máis recentes das manifestacións gráficas do final do Paleolítico desta cavidade situada en Triacastela (Lugo).

A segunda ponencia será levada a cabo por Miguel Carrero, doutor en Prehistoria e docente na USC, especializado na aplicación de tecnoloxías xeoespaciais en arqueoloxía. Na súa charla, O Megalitismo galego: ocupación do territorio e pensamento simbólico, expoñerá como Galicia é un dos territorios da Península Ibérica con maior densidade de mámoas, moitas delas con gravados e pinturas documentadas que testemuñan un rico e interesante mundo funerario na época.

A continuación, o arqueólogo David Fernández Abella, investigador do grupo EcoPast da USC, dará a ponencia Homes de papel en barcos de pedra. Naviformes no Noroeste, na que recompilará os petróglifos máis coñecidos con barcos identificados e expoñerá a información que se pode extraer destes gravados no apartado interpretativo.  

Tras un tempo de preguntas e debate, pola tarde retómase a xornada ás 16.30 horas.

Antón Bouzas e Luis Leclere, do Colectivo A Rula, compartirán o seu traballo recente na Quenlla dos Carballos (A Estrada), un espazo sacro cun uso moi prolongado ao longo do tempo, comezando no período Calcolítico ou Bronce Inicial ata o século I da nosa era, segundo se desprende do exame dunha inscrición votiva dedicada á deusa Diana, posiblemente un lugar de culto precristián. O título da charla é A Quenlla dos Carballos no concello da Estrada. Un santuario rupestre cunha dedicatoria á deusa Diana na ribeira do Ulla.

Rafael Quintía, presidente da Asociación Antropolóxica Galega e docente na UNED, expoñerá a súa investigación de moitos anos como antropólogo recollendo e divulgando o patrimonio inmaterial vinculado aos petróglifos galegos, que reflicten unha valiosa mostra de construción cultural da paisaxe e da historia para dar sentido a un pasado descoñecido. Na ponencia A arte rupestre e o patrimonio inmaterial, fará un percorrido polos universos simbólicos vencellados aos nosos gravados e aos relatos transmitidos oralmente ao redor deles de xeración en xeración.

Para finalizar as charlas, Fátima Martínez e Patricia Novas, do Departamento de Didáctica e Formación do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre, expoñerán o traballo que se leva a cabo neste centro de referencia na divulgación da Arte Rupestre galega entre o público escolar. Co título Divulgando os petróglifos: experiencia didáctica do PAAR, compartirán o que consideran as chaves para lograr un discurso no que o alumnado comprenda o valor do patrimonio prehistórico.

Máis novas

Obradoiro

A metade silenciada

Secundaria, Bacharelato
A metade silenciada

Posta en valor do traballo das mulleres nas sociedades campesiñas e gandeiras. Ao mesmo tempo explicarase o seu papel no crecemento e mantemento do grupo e na evolución da sociedade. O alumnado terá que analizar o troco do rol feminino e propoñer ideas para mellorar a exposición.

 Obxectivos didácticos: 

• Aproximarse á vida das mulleres na Prehistoria. 

• Adquirir vocabulario específico. 

• Reflexionar arredor das diferenzas entre a muller na Prehistoria  e a actualidade e os roles de xénero usados na exposición permanente do PAAR

  • Tipo de actividade:
  • Nivel:
    3º, 4º de ESO e Bacharelato
  • Duración:

    1 hora.

Solicita visita
Normas da visita

Máis visitas escolares

Obradoiro

Fiando o pasado

Secundaria
Fiando o pasado

Con esta actividade o alumnado poderá profundizar no coñecemento da evolución do téxtil ao longo da Prehistoria, especialmente cos cambios do Neolítico. Aprenderán a elaborar un tecido empregando un pequeno tear individual e crearán unha pulseira. 

Obxectivos didácticos: 

  • Comprender as fases do proceso de elaboración da roupa ao longo da Prehistoria.
  • Reforzar a creatividade e a destreza manual de forma individual do alumnado, así como de xeito colectivo e colaborativo.
  • Coñecer e valorar os aspectos básicos da introdución  da agricultura e gandeiría, principalmente no referido á  revolución dos produtos secundarios.
  • Tipo de actividade:
  • Nivel:
    ESO
  • Duración:

    1 hora.

Solicita visita
Normas da visita

Máis visitas escolares

Obradoiro

A caza na Prehistoria

Secundaria, Bacharelato
Caza

O alumnado poderá descubrir mediante diversas réplicas e obxectos característicos a evolución das técnicas cinexéticas na Prehistoria, practicando a súa puntaría co uso da azagaia, propulsor, arco e frecha. 

Obxectivos didácticos: 

  • Aproximarse á vida dos diversos momentos da Prehistoria a través das técnicas de caza utilizadas polos seres humanos.
  • Desenvolver a concentración e as habilidades manuais.
  • Comprender e aprender as fases da evolución cultural cos útiles empregados para esta actividade.
  • Tipo de actividade:
  • Nivel:
    ESO e bacharelato
  • Duración:

    1 hora.

Solicita visita
Normas da visita

Máis visitas escolares

Obradoiro

A xincana do cervo

Primaria, Secundaria
Xincana

Esta actividade permitirá ao alumnado ampliar e consolidar os coñecementos adquiridos durante a visita ó Parque. A través dunha serie de preguntas e pistas percorrerán a Área Arqueolóxica visitando zonas diferentes. Este itinerario permitirá tamén observar a paisaxe do PAAR, profundizando no coñecemento do ambiente e contexto natural que dá sentido aos gravados. 

Obxectivos didácticos:

  • Ampliar o coñecemento dos petróglifos da Área Arqueolóxica.
  • Observar e descubrir a contorna natural do Parque.
  • Reforzar as dinámicas de grupo e o traballo en equipo  para lograr un obxectivo común.
  • Tipo de actividade:
  • Nivel:
    3º, 4º, 5º,6º de EP e ESO
  • Duración:

    1 hora.

Solicita visita
Normas da visita

Máis visitas escolares

Reservar ahora