Ir o contido principal

Primeiras armas

-
armas

Preguntácheste algunha vez como vivían os nosos antepasados e que se sente ao crear ferramentas coas túas propias mans?

Neste obradoiro poderás comprobalo! 

Todas as fins de semana dende outubro a decembro, no PAAR, ofrecémosche a oportunidade de coñecer de preto os utensilios da Prehistoria. Despois, experimentarás o proceso de crear a túa propia arma e ensinarémosche a acender lume para manterte abrigado este outono.

  • Cando:

    Fins de semana dende outubro a decembro

  • Onde:

    PAAR do Campo Lameiro

  • Público destinatario:

    Público xeral

  • Duración:

    1 hora e 15 minutos

  • Prezo:

    8€

Reservar actividade

Máis actividades

A metade silenciada

-
A metade silenciada

Invitámoste a explorar a arqueoloxía de xénero no PAAR.

A través dunha visita crítica polo centro de interpretación, realizaremos unha profunda reflexión sobre a representación da muller na historia e na arqueoloxía. O percorrido céntrase en analizar e cuestionar a visión da prehistoria tradicional, identificando a presenza, o rol e, sobre todo, as omisións ou a minimización do papel das mulleres nas narrativas expostas.

 

  • Cando:

    Sábado 28 de novembro

  • Onde:

    PAAR do Campo Lameiro

  • Público destinatario:

    Público xeral

  • Duración:

    1 hora.

  • Prezo:

    De balde

Reservar actividade

Máis actividades

Outono PAAR 2026

19 de Setembro de 2026

Coa chegada do outono, no PAAR mudamos de horario e tamén de experiencias! 🍂

Algunha vez te preguntaches como se facían as ferramentas e armas na Prehistoria? Gustaríache fabricar unha coas túas propias mans? Agora podes descubrilo!

🔨 Primeiras armas (Todos os fins de semana de outubro, novembro e decembro)

Descobre que ferramentas se empregaban na Prehistoria, aprende a dominar o lume e fabrica a túa propia peza.

Experiencias especiais:

  •  Samaín no PAAR (Venres 30 e sábado 31 de outubro, e domingo 1 de novembro)

    • Ídolos da Prehistoria: Eramos supersticiosos no pasado? Achegámonos ás crenzas dos nosos antepasados a través dos seus ídolos.

    • O serán das ánimas: Dúas horas de misterio nas que fabricaremos un pequeno farol para iluminar os petróglifos pola noite mentres escoitamos arrepiantes historias galegas.

       

  •  A metade silenciada (Sábado 28 de novembro)

    Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, realizaremos no interior do CIDAR unha visita crítica para analizar a pegada e a representación da muller na historia e na arqueoloxía.

     

  •  Solsticio entre pedras (Sábado 19 de decembro)

    Despedimos o ano cunha visita nocturna polas pedras máis emblemáticas do PAAR e acenderemos unha fogueira ao xeito prehistórico para iluminar a noite máis longa do ano.

🕒 Visitas guiadas:

  • Outubro: 12:30 h e 17:30 h.

  • Novembro: 12:30 h.

📌 Horarios especiais de apertura:

  • Luns 12 de outubro: de 10:00 h a 19:00 h.

  • Luns 7 de novembro: de 10:00 h a 16:00 h.

 

 

Máis novas

Solsticio entre pedras

-
Solsticio

O 19 de decembro, uns días antes da chegada do solsticio de inverno, celebraremos unha noite moi especial.

Adéntrate no misterio da noite nunha visita aos petróglifos. Coa enerxía da noite máis longa, exploraremos estes gravados baixo as estrelas e a la luz das lanternas, como mellor se ven! 
E como broche final, presencia unha fascinante demostración de como se facía lume na Prehistoria.
¡Unha experiencia nocturna única!

  • Cando:

    19 de decembro

  • Onde:

    PAAR do Campo Lameiro

  • Público destinatario:

    Público xeral

  • Duración:

    2 horas

  • Prezo:

    12€ (6€ reducida)

Reservar actividade

Máis actividades

O serán das ánimas

-
Samaín

Ven pasar a tarde connosco neste día de celebración do Máis Alá.

A través dun obradoiro onde poderás realizar un farol coas túas mans e prendelo ao caer a noite.
Despois camiñaremos polo bosque ás escuras guiándonos só coa luz tenue das lanternas que poderemos prender gracias ao lume que se realizará, para poder explorar os petróglifos mentres escoitas aterradoras historias galegas de medo.

Non esquezas vir con disfraz, xa que ao final da actividade haberá "truco ou trato"!

  • Cando:

    venres 30, sábado 31 y domingo 1

  • Onde:

    PAAR do Campo Lameiro

  • Público destinatario:

    Público xeral e público infantil

  • Duración:

    2 horas

  • Prezo:

    8€

Reservar actividade

Máis actividades

Ídolos da Prehistoria

-
ídolos

Sabías que a xente da prehistoria era supersticiosa? Neste obradoiro descubrirás o mundo dos amuletos usados polos nosos antepasados. Explorarás diferentes tipos de ídolos, dende pequenos amuletos persoais ata pequenas figuras que representaban deidades e espíritos da natureza. A través dunha visión histórica e cultural, comprenderás o simbolismo e a importancia dos obxectos na vida diaria e nas crenzas prehistóricas. No obradoiro poderás crear o teu propio amuleto ou ídolo inspirado nas formas e materiais empregados na prehistoria.

  • Cando:

    venres 30, sábado 31 e domingo 1

  • Onde:

    PAAR do Campo Lameiro

  • Público destinatario:

    Público xeral

  • Duración:

    1 hora

  • Prezo:

    8€

Reservar actividade

Máis actividades

Laeros

Membro durante

6 months
Enviado por ue13970 o

Laeros 2026

14 de Agosto de 2026
Imaxe
Laeros 26

 

 

Laeros, o Festival da Arte Rupestre de Galicia, volta ao Campo Lameiro o domingo 23 de agosto na súa quinta edición. Organizado polo Concello do Campo Lameiro coa colaboración da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra. 

O evento convida a "vivir a Prehistoria" combinando recreación histórica, arqueoloxía experimental e gastronomía nun único espazo. 

Ao longo da xornada, desenvolverase de forma continuada diferentes actividades relacionadas coa vida na Idade do Bronce, dinamizado por profesionais  da arqueoloxía , asociacións culturais e grupos de recreación histórica. Este espazo ofrecerá ao público unha inmersión na vida cotiá da  época, a que se engadirán demostracións de fundición de metais, tinguido do liño e cocción de cerámica, así como unha competición "Caza na Prehistoria", visitas guiadas e visitas teatralizadas. 

As actividades de Living History: vivir na Idade do Bronce desarrollaránse dende as 11h ata ás 14h e novamente de 17h a 20h. Neste espazo poderás desfrutar de Clio Xestión Cultural coa producción téxtil da Prehistoria, Tir Na N'og que nos amosará como era a vida nas comunidades da época., Fundación Terra Termarum Castrolandín coa elaboración de pezas cerámicas, Arqueoloxía Experimental nos aproximará a fundición do estaño e outros metais, así como o proceso de cocción da cerámica, Prehistoricreplic mostrarános o traballo do sílex e da obsidiana, Mulleres Rurais do Campo Lameiro realizarán varios obradoiros con temática pehistórica e o Equipo de Didáctica do PAAR encargaránse dunha inmersión nas técnicas de caza prehistórica. 

Visitas guiadas gratuitas para todos os públicos, a primeira realizaráse ás 12h guiados por Patricia Novas guía, arqueóloga e responsable de didáctica do PAAR, actividade que se realizará polas principais estacións do Parque e que durará aproximadamente unha hora. Por outra banda, ás 18h, o historiador e actor Suso Martínez realizará unha renovada visita teatralizada onde interpretará a un guerreiro da Idade do Bronce o gran "Cervo Solar".  Requírese reserva previa en paar.xunta.gal

Para a dinamización do evento haberá dous concursos, o primeiro consistirá nunha competición de "Caza na Prehistoria" as inscripcións serán no propio día do evento por orde de chegada, e o concurso comezará ás 18:30h. Para aquelas persoas que van desfrutar do Xantar Rupestre poderán participar no concurso "Na mesa da Idado do Bronce" que consistirá en ir vestido da época, onde se valorarán principalmente as vestimentas das persoas compoñentes de cada mesa, e decoración da mesma, un xurado valorará as diferentes propostas e o grupo gañador levará un lote de xantar para edición de Laeros do 2027. 

Vas perderte o Festival da Arte Rupestre de Galicia? 

 

Podes descargar o díptico coa información máis abaixo.

 

 

Máis información en info [at] paar.es (info[at]paar[dot]es) ou no 886151195. 

 

 

 

 

 

 

 

 

Máis novas

Prender lume, modelar cerámica ou descifrar os símbolos das rochas como arqueólog@s: o verán volve ao PAAR

30 de Xuño de 2026

Este verán teremos unha gran variedade de actividades: experiencias na prehistoria, noites no PAAR, e un novo xogo de pistas exterior! 🌞🌳

🏹 Experiencias na Prehistoria 🔥 

 

  • Lume!: saberías crear unha pequena brasa só rozando paus?
  • Cerámica: modela a túa peza ao estilo da Idade do Bronce.
  • Sementes: Habería chícharos na prehistoria?
  • Arqueólog@s: Aprenderemos dúas técnicas de rexistro arqueolóxico.
  • Xoias do Bronce: Lévate a casa unha xoia inspirada nos adornos da Idade dos Metais.
  • Imos de caza!: Domina a arte do tiro con arco, frecha e azagaia. 

* Consultar horarios na web.

  

🌙  Noites no PAAR  🌙

 

  • A cara oculta: visita aos petróglifos máis escondidos. Todos os venres de xullo, agosto e setembro ás 22h.
  • Noite de petróglifos e estrelas: visita especial para rematar o verán onde visitaremos os petróglifos máis icónicos do PAAR para posteriormente rematar mirando o ceo cunha guía experta Starlight. O 25 de setembro ás 22h. 

 

Imaxe
noite

 

 

Visitas especiais

 

  • Solpor, hora máxica:  percorrido diferente ao itinerario principal durante a posta de sol. Todos os días ás 19h.
  • Eclipse: visita aos enclaves máis importantes do PAAR, posteriormente nos trasladaremos a unha zona elevada para poder visualizar este fenómeno astronómico. Mércores 12 de agosto ás 19h.

 

Xogos 🦌

 

  • Escape room "O tesouro da Moura": O tesouro máis antigo do Campo Lameiro foi roubado, serás quen de atopalo e devolvelo a súa vitrina? Todos os días de xullo, agosto e setembro, varias horas.
  • Xogo de pistas exterior "O enigma do Gran Cervo"  novidade do verán!, un novo xogo que nos levará a percoerrer a área arqueolóxica en busca do diario perdido de Sobrino Buhigas. Todos os días de xullo, agosto e setembro, quendas cada hora. 
Imaxe
O enigma do gran cervo

Coma sempre visitas guiadas regulares ás 12:00h e 17:30h. 

 

Volve ao PAAR este verán! 

 

Máis novas

Reservar ahora