Ir o contido principal

A cara oculta

-
Visita nocturna PAAR

Que haberá máis alá de "Laxe dos Carballos"?

Moitas son as incógnitas que rodean as nosas rochas, pero haberá petróglifos máis escondidos?

Nesta ruta nocturna desvelaremos algúns dos gravados fóra do percorrido principal, coa axuda das lanternas crearemos un ambiente único onde realzaránse os sucos e poderemos ver con total claridade cada figura.

Que está incluido
  • Visita cun percorrido máis extenso que o habitual cunha guía especializada.
  • Acceso gratuíto ao Parque arqueolóxico e ao Centro de Interpretación durante todo o día.
  • Actividade dispoñible en galego e castelán.
  • Cando:

    Venres de xullo, agosto e setembro

  • Onde:

    Área arqueolóxica do PAAR

  • Público destinatario:

    Público xeral

  • Duración:

    2 h.

  • Prezo:

    12€ (6€ reducida)

Información e reservas

Máis actividades

Noite de lendas no PAAR

Visita nocturna PAAR

Imaxina explorar os segredos das rochas do Campo Lameiro fóra do horario habitual, cando a escuridade e o silencio se apoderan da paisaxe. Cunha lanterna na man e a iluminación especial realzando cada trazo, cada figura, descubrirás detalles que a luz do día non revela.

As Noites no PAAR ofrecen unha perspectiva única da arte rupestre. Ven e descubre por que a noite é o mellor momento para ver os nosos petróglifos, baixo as estrelas e a luz da lúa.

Unha experiencia única na que combinaremos a visión nocturna das rochas máis emblemáticas do Parque, como a Laxe dos Carballos, cun percorrido pola tradición oral e os mitos e lendas vinculadas aos petróglifos e á figura do cervo.

 

Que está incluido

  • Visita cun percorrido máis extenso que o habitual cunha guía especializada.

  • Acceso gratuíto ao Parque arqueolóxico e ao Centro de Interpretación durante todo o día.

  • Actividade dispoñible en galego e castelán.

  • Grupo limitado a 25 persoas para unha experiencia de calidade.

  • Cando:

    Sábado 16 de maio

  • Onde:

    Área arqueolóxica do PAAR

  • Público destinatario:

    Público xeral

  • Duración:

    2 h.

  • Prezo:

    12€ (6€ reducida)

Reserva

Máis actividades

Fiando o pasado

-
Fiando

Como nos vestiríamos na Prehistoria?

Íamos espidos e descalzos?

Sabías que unhas das primeiras sandalias que se atopan datan do 3.550 A.C?

Ven a experimentar como sería confeccionar a túa propia peza usando un tear horizontal parecido aos que se empregarían na Prehistoria.

Non solo poderás vivir a experiencia de tecer cunha agulla de madeira, senón que aprenderás sobre os tecidos empregados na época e os materiais usados.

  • Cando:

    Domingos de abril

  • Onde:

    PAAR do Campo Lameiro

  • Público destinatario:

    Público xeral

  • Duración:

    1 h

  • Prezo:

    8€

Reservar actividade

Máis actividades

Cerámica

-
Barro

Queres descubrir un dos maiores inventos da humanidade? No PAAR, convidámoste a mergullarte no fascinante mundo da cerámica prehistórica, unha innovación que cambiou o curso da historia e a vida cotiá das primeiras comunidades agrícolas e gandeiras.

Neste obradoiro non só aprenderás a importancia da cerámica na prehistoria, senón que tamén porás as mans na masa. Reproducirás as fases do proceso de creación e elaboración dunha peza, utilizando técnicas empregadas na Idade do Bronce.

E o mellor de todo, poderás levar a túa peza para casa como recordo desta experiencia única. Desfruta desenvolvendo a túa creatividade e destreza manual mentres creas a túa propia obra de arte inspirada no pasado.

  • Cando:

    Xullo, agosto e setembro

  • Onde:

    PAAR do Campo Lameiro

  • Público destinatario:

    Público xeral

  • Duración:

    45 minutos

  • Prezo:

    8€

Información e reservas

Máis actividades

Aprender a cazar, tecer ou pintar como hai 4.000 anos: así é a primavera PAAR

11 de Abril de 2026

O PAAR ofrece unha variada axenda de abril a xuño con experiencias creativas, xogos de pistas e escape room.

Experiencias na prehistoria

Todos os sábados e domingos ás 11:00h, temos unha cita coa historia. Cal é o teu plan?

Abril: Barro e Fíos

Sábados: “Coas mans ao barro”. Fabrica a túa propia cerámica campaniforme e lévaa para a casa.

Domingos: “Fiando o pasado”. Descubre como vestían na Prehistoria e experimenta cun tear e agulla de madeira.

Maio: Símbolos e Caza

Sábados: “Leva o teu petro!”. Aprende a diferenciar os símbolos das pedras e crea o teu propio petróglifo en pasta de secado.

Domingos: “Imos de caza!”. Pon a proba a túa puntería co propulsor e a azagaia. Dás na diana?

Xuño: Cores e Tesouros

Sábados: “Primeiras cores”. Fabrica os teus pigmentos con minerais e descubre como se facían os primeiros “graffitis” da historia.

Domingos: “Cantas xoias?”. Inspírate nos grandes tesouros dos museos para deseñar as túas xoias en metal.

🕵️‍♂️ Misterio e aventura

Se prefires ir ao teu aire, non te perdas as nosas experiencias permanentes (fins de semana):

O Tesouro da Moura: O noso Escape Room interior. Serás capaz de resolver todos os enigmas?

Petroaventura: Un xogo de pistas ao aire libre para toda a familia. Convértete en protector/a dos petróglifos!

🌙 Noites no PAAR

Apunta estas datas na túa axenda para vivir o parque baixo a luz da lúa e as lanternas:

  • 16 de maio: Noite de lendas (Especial Letras Galegas).
  • 20 de xuño: Noite do Solsticio de Verán.

🎟️ ¡Non quedes sen a túa praza!

As visitas guiadas regulares mantéñense todos os días ás 12:30h e 17:30h. Todas as nosas actividades teñen prazas limitadas.

Máis novas

Volve Invernía para pasar unha mañá na prehistoria!

11 de Abril de 2026

Este xaneiro e febreiro, viaxa no tempo connosco e convértete nun auténtico/a experto/a na Prehistoria. Descubre os segredos dos nosos antepasados a través de dúas experiencias únicas:

  • Pintura rupestre: Coñece os pigmentos naturais que deron vida ás primeiras obras de arte da humanidade. Aprenderás a fabricalos ti mesmo e deseñarás a túa propia lámina prehistórica.
  • O dominio do lume: Como sobrevivían sen mistos nin chisqueiros? Aprende as técnicas de percusión e fricción para despois  practicar a arte de facer lume con madeira. (Si, con paus!).

📅 Cando? Todos os fins de semana de xaneiro e febreiro ás 11:00 h.

E para público familiar e amigos, hai dous xogos para pasar unha xornada do máis divertida!

  • Petroaventura

Un xogo de orientación o aire libre que te levará a percorrar os sendeiros do PAAR mentres descobres os misterior que agochan as Laxes do Campo Lameiro. 

  • Escape room "O tesouro da moura"

Xogo de pistas que se realiza no interior do centro de interpretación, onde porás a proba a túa habilidade para resolver enigmas!

 

 


 

Máis novas

Xa podes reservar a túa visita para o curso 2026!

11 de Abril de 2026

Andas na procura dunha saída didáctica que complemente as túas aulas?

Queres que o teu estudantado poña en práctica os contidos vistos e experimente a Prehistoria?

Nós podemos achegarvos ao mundo dos Petróglifos dun xeito dinámico e entretido!

Aquí poderás descargar o noso cartafol didáctico con toda a información sobre a oferta escolar. 

Calquera dúbida ou consulta podes poñerte en contacto connosco no correo didactica [at] paar.es (didactica[at]paar[dot]es) ou no teléfono 886151195. 

Máis novas

Volve ao PAAR este outono!

11 de Abril de 2026

Tras un pequeno descanso regresamos cunha nova oferta de experiencias únicas para desfrutar da Prehistoria. 

Experiencias na Prehistoria

Mergúllate no pasado connosco!

Os sábados de novembro “cerámica na prehistoria

  • Preguntácheste algunha vez como se creaban os vasos cerámicos da prehistoria? Neste obradoiro poderás fabricar e deseñar a túa propia peza dende cero!

Os domingos de novembro, en “A metade silenciada

  • Reflexiona sobre as representacións das mulleres na Prehistoria e na arqueoloxía

Os sábados de decembro “Cantas Xoias!

  • Deseña e crea as túas xoias metálicas inspiradas nas fascinantes pezas prehistóricas.

Os domingos de decembro  “Estampas do pasado“ 

  • Agora que se achega o nadal podes fabricar a túa propia postal con selos que poderás deseñar inspirados nos petróglifos e pequenos ídolos prehistóricos. 

 


 

Máis novas

Petroaventura

-
Petroaventura

Listos para unha misión en defensa do noso patrimonio? O Clube de Protectores dos Petróglifos necesítavos. 
Embárcate nunha aventura en familia onde a orientación, a busca de obxectos agochados e as vosas habilidades serán clave para protexer estas valiosas pegadas do pasado. 

Se superades todos os desafíos, gañaredes a prestixiosa insignia de Protectores dos Petróglifos! Aceptades o reto? A aventura agárdavos!

  • Cando:

    As fins de semana

  • Onde:

    PAAR de Campo Lameiro

  • Público destinatario:

    Público familiar

  • Duración:

    1 hora.

  • Prezo:

    5 €.

Reservar actividad

Máis actividades

Escape Room

-
Escape Room

"O tesouro da moura" descubriuse hai case 100 anos, cando un famoso arqueólogo exploraba os bosques do Campo Lameiro en busca de petróglifos. Queres coñecer a historia da moura? Axúdasnos a recuperar o seu tesouro? Sigue as pistas, pasa as probas e devolve os obxectos á vitrina.

 

Que está incluído?

  •  Actividade familiar para nenos de máis de seis anos.
  • Acceso ao Parque Arqueolóxico.
  • Presentación da actividade e orientación sobre o desenvolvemento da mesma por parte do persoal do PAAR.

Itinerario

A actividade será no interior do centro de interpretación (CIDAR). 

  • Cando:

    As fins de semana

  • Onde:

    PAAR do Campo Lameiro

  • Público destinatario:

    Público familiar

  • Duración:

    1 hora.

  • Prezo:

    5 €.

Reservar actividad

Máis actividades

Reservar ahora