Ir o contido principal

O Parque

A Exposición

Un suxestivo e innovador espazo expositivo permite coñecer os petróglifos de Galicia, aprender como foron executados, identificar os motivos e escenas máis frecuentemente representados, penetrar no seu significado e mesmo coñecer as formas de vida das xentes que os crearon.

A través de pezas arqueolóxicas orixinais, recreacións, maquetas, audiovisuais e experiencias interactivas, terás unha ampla visión sobre o enigmático mundo da Arte Rupestre Atlántica. Como era a vida na Idade do Bronce, que símbolos aparecen en Galicia, como se investigan e desde cando, que representan... 

Imaxe

Área arqueolóxica visitable

No PAAR poderás descubrir algúns dos petróglifos máis fermosos e significativos de Galicia, como a Laxe dos Carballos ou o Outeiro dos Cogoludos. As case 22 hectáreas do Parque son unha área de reserva arqueolóxica excepcional, onde se recuperou o aspecto que podería ter no pasado grazas a traballos ambientais respectuosos.

Un itinerario de máis de 3 quilómetros de lonxitude, salpicado por áreas de descanso e fontes, atravesa unha extraordinaria paisaxe cultural caracterizada pola alta densidade de petróglifos na que é posible contemplar os principais motivos e escenas que se plasmaron nos gravados rupestres galegos. Para facilitar a contemplación dos petróglifos, instaláronse plataformas de madeira que protexen as rochas e ofrecen mellores puntos de observación. Nas proximidades do Centro de Interpretación, elementos lúdicos e didácticos, como reproducións de petróglifos e un labirinto de aceiro, convidan á interacción e ao descubrimento.

Imaxe

Estación 1

LAXE DE FORNEIRIÑA

Imaxe
Imaxe

Estación 2

LAXE DOS CARBALLOS

Imaxe
Imaxe

Estación 3

OUTEIRO DE Los COGOLUDOS I

Imaxe
Imaxe

Estación 4

OUTEIRO DAS VENTANIÑAS

Imaxe
Imaxe

Estación 5

OUTEIRO DOS COGOLUDOS II

Imaxe
Imaxe

Estación 6

FONTE DE PENA FURADA

Imaxe
Imaxe

Estación 7

OUTEIRO DE PENA FURADA

Imaxe
Imaxe

Estación 8

LAXE DOS CABALOS

Imaxe
Imaxe

Estación 10

FORNEIRIÑA

Imaxe
Imaxe

O poboado

Viaxa 4.000 anos atrás e descubre a vida cotiá nun poboado da Idade do Bronce. No PAAR recreamos un pequeno asentamento con cabanas, estruturas de almacenamento e cercados para animais, utilizando os mesmos materiais que os antigos habitantes. Arqueoloxía experimental para aprender sobre a vida prehistórica.

Ademais, dentro do recinto do poboado, poderás contemplar dúas cistas orixinais, testemuñas da morte na prehistoria. Estas estruturas de pedra utilizadas para enterramentos proceden dos xacementos arqueolóxicos de Vilamerelle (Palas de Rei) e Guidoiro Areoso (Illa de Arousa). 

Imaxe

O proxecto

O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre do Campo Lameiro (PAAR) é moito máis que un conxunto de petróglifos. É unha profunda intervención no territorio, concibida polo estudo RVR Arquitectos, gañador do concurso convocado pola Xunta de Galicia, co obxectivo de harmonizar a protección do patrimonio e a experiencia do visitante.

A súa localización privilexiada, nun esporón montañoso rodeado de vales, requiriu unha actuación que respectase a topografía e a vexetación autóctona. A recuperación ambiental foi un eixo central: elimináronse especies invasoras como os eucaliptos, favoreceuse o crecemento de árbores caducifolias e creouse unha rede de sendeiros que permiten descubrir os petróglifos de forma natural.

O resultado é unha paisaxe onde a arte rupestre se integra perfectamente co seu contorno, revelando as conexións visuais e simbólicas entre as rochas e o territorio.

O CIDAR: Unha rocha que emerxe da terra

O Centro de Interpretación e Documentación da Arte Rupestre (CIDAR), obra tamén de RVR Arquitectos, é unha peza clave neste proxecto. O edificio, inaugurado en 2011, foi concibido como unha "antesala" do Parque Arqueolóxico, un espazo que prepara ao visitante para a inmersión na prehistoria. 

A súa arquitectura destaca pola integración na paisaxe. O edificio, cuberto de lousas de granito, imita unha roca que emerxe do terreo, camuflándose entre a paisaxe. No interior, a luz tenue e os sons da natureza crean unha atmosfera que evoca a vida dos antigos habitantes do lugar.

O centro organízase a partir dun gran pórtico cuberto, que distribúe os espazos de exposición, investigación, administración, obradoiros e servizos. Os espazos expositivos, semienterrados, potencian a experiencia sensorial, priorizando o táctil e o auditivo sobre o visual.
 

Imaxe
Imaxe
Imaxe

Cantina

Na Cantina Rupestre do PAAR, atoparás o espazo perfecto para recargar enerxías durante a túa visita. Cunha ampla terraza ao aire libre, é o lugar ideal para relaxarte e gozar dun momento de tranquilidade. 

Dispomos de máquinas de vending cunha selección de bebidas frías e quentes, así como snacks para satisfacer o teu apetito. Ideal para unha pausa rápida ou para gozar dun pícnic despois de explorar os petróglifos. 

A nosa cantina é ideal para pausas de café e pequenos aperitivos durante congresos e reunións. Contacta connosco en info@paar.es para máis información sobre opcións personalizadas.
 

Imaxe

Tenda

Na nosa tenda poderás conseguir un recordo do teu paso polo PAAR, elixindo entre unha ampla gama de obxectos, publicacións relacionadas co mundo da prehistoria e produtos de artesanía local.

Imaxe
Reservar ahora