Ir o contido principal

Prender lume, modelar cerámica ou descifrar os símbolos das rochas como arqueólog@s: o verán volve ao PAAR

30 de Xuño de 2026

Este verán teremos unha gran variedade de actividades: experiencias na prehistoria, noites no PAAR, e un novo xogo de pistas exterior! 🌞🌳

🏹 Experiencias na Prehistoria 🔥 

 

  • Lume!: saberías crear unha pequena brasa só rozando paus?
  • Cerámica: modela a túa peza ao estilo da Idade do Bronce.
  • Sementes: Habería chícharos na prehistoria?
  • Arqueólog@s: Aprenderemos dúas técnicas de rexistro arqueolóxico.
  • Xoias do Bronce: Lévate a casa unha xoia inspirada nos adornos da Idade dos Metais.
  • Imos de caza!: Domina a arte do tiro con arco, frecha e azagaia. 

* Consultar horarios na web.

  

🌙  Noites no PAAR  🌙

 

  • A cara oculta: visita aos petróglifos máis escondidos. Todos os venres de xullo, agosto e setembro ás 22h.
  • Noite de petróglifos e estrelas: visita especial para rematar o verán onde visitaremos os petróglifos máis icónicos do PAAR para posteriormente rematar mirando o ceo cunha guía experta Starlight. O 25 de setembro ás 22h. 

 

Imaxe
noite

 

 

Visitas especiais

 

  • Solpor, hora máxica:  percorrido diferente ao itinerario principal durante a posta de sol. Todos os días ás 19h.
  • Eclipse: visita aos enclaves máis importantes do PAAR, posteriormente nos trasladaremos a unha zona elevada para poder visualizar este fenómeno astronómico. Mércores 12 de agosto ás 19h.

 

Xogos 🦌

 

  • Escape room "O tesouro da Moura": O tesouro máis antigo do Campo Lameiro foi roubado, serás quen de atopalo e devolvelo a súa vitrina? Todos os días de xullo, agosto e setembro, varias horas.
  • Xogo de pistas exterior "O enigma do Gran Cervo"  novidade do verán!, un novo xogo que nos levará a percoerrer a área arqueolóxica en busca do diario perdido de Sobrino Buhigas. Todos os días de xullo, agosto e setembro, quendas cada hora. 
Imaxe
O enigma do gran cervo

Coma sempre visitas guiadas regulares ás 12:00h e 17:30h. 

 

Volve ao PAAR este verán! 

 

Máis novas

Petróglifos e estrelas

Petroglifo nocturno

Para por o peche perfecto a "Verán PAAR", comezaremos a velada cun percorrido nocturno guiado, onde a luz das lanternas desvelarán os misterios dos petróglifos máis emblemáticos do Parque.

Como colofón desta experiencia máxica, alzaremos a vista hacía o firmamento para gozar dunha fascinante observación astronómica. Guiados por una experta Starlight, aprenderemos a ler o ceo estrelado, e a identificar as constelacións nun lugar libre de contaminación lumínica.

Unha cita única para despedir o verán baixo as estrelas!

 

Que está incluido?

  • Visita nocturna ao Parque Arqueolóxico cunha guía experta en Arte Rupestre e unha guía experta en astronomía.
  • Acceso gratuito ao Parque Arqueolóxico e ao Centro de Interpretación todo o día.

Recomendacións

  • Calzado cómodo e pechado.
  • Roupa de abrigo.
  • Esteira.

 

 

 

 

  • Cando:

    25 de setembro

  • Onde:

    PAAR do Campo Lameiro

  • Público destinatario:

    Público xeral

  • Duración:

    2 horas.

  • Prezo:

    15€

Información e reservas

Máis actividades

Sementes

-
Cereais

Viaxa o pasado e descubre como a tecnoloxía cambiou a nosa forma de alimentarnos! Nesta experiencia, coñecerás de cerca o proceso de domesticación das plantas e o seu impacto na la historia da humanidade.

O mellor de todo é que experimentarás en primeira persoa como se obtiña a fariña na Prehistoria e, como recordo, levarás a túa propia legume prantada!

 

Que está incluido?

  • Acceso gratuito ao Parque Arqueolóxico e ao Centro de Interpretación durante todo o día.
  • Actividade dispoñible en galego e castelán.
  • Explicación e mostra de réplicas prehistóricas.
  • Materiais para a actividade. 
  • Cando:

    Xullo, agosto e setembro

  • Onde:

    PAAR do Campo Lameiro

  • Público destinatario:

    Público xeral

  • Duración:

    45 minutos

  • Prezo:

    8€

Información e reservas

Máis actividades

Lume!

-
lume

Descobre o segredo que cambiou a historia da humanidade e domina o lume coma un auténtico habitante da Prehistoria!

Nesta experiencia, viaxaremos miles de años atrás no tempo para entender como o control do lume transformou a vida dos nosos antepasados, dándolles calor, protección e unha nova forma de alimentarse.

Pero non nos limitaremos á teoría: exploraremos de preto os materiais que utilizaban, que van dende as pedras de pirita e sílex, fungo da yesca, e a madeira.

Prepárate para experimentar en primera persona! Na segunda parte da experiencia, ti serás quen asuma o reto: aprenderás a técnica da fricción, manipulando os mesmos elementos que se usaban no Paleolítico para intentar dar vida a túa propia brasa.

Non deixes que cho conten e ven a acender a faísca da Prehistoria!

Que está incluido?

  • Acceso gratuito ao Parque Arqueolóxico e ao Centro de Interpretación durante todo o día.
  • Actividade dispoñible en galego e castelán.
  • Explicación e mostra de réplicas prehistóricas. 

 

  • Cando:

    Xullo, agosto e setembro

  • Onde:

    PAAR do Campo Lameiro

  • Público destinatario:

    Público xeral

  • Duración:

    45 minutos

  • Prezo:

    8€

Información e reservas

Máis actividades

Arqueólog@s

-
Arqueólog@s

Sempre quixeches saber como traballan as arqueólogas e arqueólogos? No PAAR poderás vivir a experiencia!

Traballarás no rexistro e documentación da arte rupestre, descubrindo de primeira man as técnicas e ferramentas que se utilizan para preservar este legado milenario.

Participa activamente, creando os teus propios calcos con diversas técnicas, utilizando como base as réplicas de petróglifos que atoparás na nosa área arqueolóxica. E o mellor de todo, poderás levar o teu calco para casa como recordo desta aventura.

 

Qué está incluido

  • Acceso gratuito ao Parque Arqueolóxico e ao Centro de Interpretación durante todo o día.
  • Actividad dispoñible en galego e castelán.
  • Explicación e demostración de ferramentas e técnicas de rexistro da arte rupestre.
  • Realización do teu propio calco sobre réplicas de petróglifos.
  • Cando:

    Xullo, agosto e setembro

  • Onde:

    PAAR do Campo Lameiro

  • Público destinatario:

    Público xeral

  • Duración:

    45 minutos

  • Prezo:

    8€

Información e reservas

Máis actividades

O enigma do Gran Cervo

-
Diario

Buscamos investigadores!

Benvidos exploradores, necesitámosvos de forma urxente!

No PAAR perdemos un dos diarios de Ramón Sobrino Buhigas con información moi importante sobre un dos petróglifos do Campo Lameiro.

Cun misterioso xogo de pistas, que levarás no teu móbil, terás que explorar o centro de interpretación e a  zona arqueolóxica exterior.

Serás capaz de revolver o gran enigma?

 

 

  • Cando:

    Xullo, agosto e setembro

  • Onde:

    PAAR do Campo Lameiro

  • Público destinatario:

    Público xeral

  • Duración:

    1 hora

  • Prezo:

    6€

Información e reservas

Máis actividades

Imos de caza!

-
Caza

Queres sentir a emoción de cazar coma os nosos antepasados hai 4.000 anos? 


No PAAR, propoñémosche unha experiencia que vai máis aló do habitual. Mergullaraste nas técnicas de caza máis antigas, utilizando réplicas arqueolóxicas de arco, frechas, propulsor e azagaia.

Guiado polos nosos expertos, aprenderás as habilidades que os primeiros humanos desenvolveron para sobrevivir, sentindo a potencia dun arco prehistórico nas túas mans e lanzando azagaias cara cervos e xabarís.

Descubre o divertida que pode ser a arqueoloxía experimental. Esta experiencia está pensada para todos os públicos, adultos incluídos, que busquen facer algo diferente e emocionante nas súas vacacións.

 

Que está incluido?

  • Acceso gratuito ao Parque arqueolóxico e ao Centro de Interpretación durante todo o día.
  • Actividade dispoñible en galego e castelán.
  • Explicación e mostra de réplicas prehistóricas: armas e ferramientas.
  • Lanzamento de  frechas y azagaias con arco e propulsor.
  • Cando:

    Xullo, agosto e setembro

  • Onde:

    PAAR de O Campo Lameiro

  • Público destinatario:

    Público xeral

  • Duración:

    45 minutos

  • Prezo:

    8€

Información e reservas

Máis actividades

Xoias do Bronce

-
Cantas xoias

Crea os teus propios adornos a imitación dos achados arqueolóxicos da Idade do Bronce!

Coñeces o tesouro de Caldas de Reis? Sabes que usos tiñan as espirais? Neste obradoiro aprenderemos sobre os símbolos de poder na Idade dos Metais, as súas formas e significados, a través da fabricación de xoias con fíos metálicos: aneis, colgantes, fibelas… Elixe os teu favorito e recrea as decoracións corporais dos nosos antepasados.

Que está incluido

  • Acceso gratuíto ao Parque arqueolóxico e ao Centro de Interpretación durante todo o día.
  • Actividade dispoñible en galego e castelán.
  • Grupo limitado para unha experiencia de calidade.
  • Crea as túas propias xoias e lévaas á casa.
  • Cando:

    Xullo, agosto e setembro

  • Onde:

    PAAR do Campo Lameiro

  • Público destinatario:

    Público xeral

  • Duración:

    45 minutos

  • Prezo:

    8€

Información e reservas

Máis actividades

Leva o teu petro!

-
Leva o teu petro

Sabes que símbolos aparecen nos petróglifos?

No PAAR amosarémoste como se facían e cales son os máis comunes na costa atlántica europea.

Despois poderás moldear en pasta un pequeno colgante e decoralo cos teus símbolos favoritos.

Ven a redescubrir a arte rupestre.

Que está incluido

  • Acceso gratuito ao Parque Arqueolóxico e ao Centro de Interpretación durante todo o día.
  • Actividade disponible en galego e castelán..
  • Grupo limitado para una experiencia de calidade.
  • Materiais para o obradoiro. 
  • Cando:

    Sábados de maio

  • Onde:

    PAAR do Campo Lameiro

  • Público destinatario:

    Público xeral

  • Duración:

    1 h

  • Prezo:

    8€

Reservar actividade

Máis actividades

Primeiras cores

-
As primeiras cores

Imaxina un tempo onde as cores nacían da terra e as paredes das covas contaban historias de grandes animais. Esa é a maxia da pintura rupestre, e no PAAR convidámoste a descubrila coas túas propias mans.
Nesta experiencia, tanto para público familiar como para adultos, usarás pigmentos naturais como o óxido de ferro ou o carbón, e poderás mesmo moelos con auténticos muíños de man, tal e como facían hai miles de anos. Falaremos de mamuts, bisontes e outros animais das covas máis famosas, como Altamira ou Lascaux, e tamén dos enigmáticos debuxos que están aparecendo nos últimos anos nas montañas galegas.
Unha oportunidade para probar a primeira arte do ser humano.

Qué está incluido

  • Acceso gratuíto ao Parque arqueolóxico e ao Centro de Interpretación durante todo o día.
  • Actividade dispoñible en galego e castelán.
  • Grupo limitado para unha experiencia de calidade.
  • Realización da túa propia pintura rupestre con pigmentos naturais.
  • Cando:

    Sábados de xuño

  • Onde:

    PAAR do Campo Lameiro

  • Público destinatario:

    Público xeral

  • Duración:

    1 h

  • Prezo:

    8€

Reservar actividade

Máis actividades

Reservar ahora