Este obradoiro comeza no CIDAR, onde visitaremos a réplica dunha cista e o enxoval funerario do túmulo da Chousa Nova (Silleda), a través dos cales aprenderemos máis sobre os contextos funerarios antigos. Despois o alumnado poñerá a proba os coñecementos adquiridos resolvendo unhas fichas e creará un colar “prehistórico” inspirado no de Chousa Nova.
Obxectivos didácticos:
- Reflexionar sobre a importancia do ámbito funerario nas comunidades humanas da Prehistoria.
- Comprender os modos de vida na Idade do Bronce a través da visita á área expositiva.
- Aprender nocións sobre o comercio baseado no intercambio de materiais na Prehistoria.