Ir o contido principal

Visita

HORARIOS

 

T. BAIXA - Xaneiro, febreiro, novembro e decembro

Martes a domingo de 10 a 16 h
Visita guiada (sábados, domingos e festivos): 12h30
 

T. MEDIA - Marzo, abril, maio, xuño e outubro

Martes a domingo de 10 a 19 h
Visita guiada (todos os días): 12h30 e 17h30
 

T. ALTA - Xullo, agosto e setembro

Martes a domingo de 11 a 21 h
Visita guiada (todos os días): 12h30, 17h30 e 19h

SEMANA SANTA 

Luns a domingo de 10 a 20 h
Visitas guiadas (todos os días) : 12h30, 17h30 e 19h

 

Última entrada: 1 hora antes de fechar o centro.

 

FECHADO

  • O PAAR fecha todos os luns, aínda que se o luns coincide cun día festivo abre de maneira excepcional.
  • O PAAR fecha do 24 de decembro ao 1 de xaneiro.

TARIFAS

 

ENTRADA - VISITA LIBRE

Xeral: 3,00 €

Reducida: 1,80 € (Maiores de 65, desempregados, persoas con discapacidade, estudantes de 7 a 18 anos, familias numerosas). 

Gratuíta: Nenos/as de 0-6 ANOS, habitantes empadroados no Campo Lameiro, carné especial Expert@ en Petróglifos vixente e membros de ICOMOS e ICOM.

 

VISITA GUIADA (Inclúe acceso ao PAAR durante todo o día)

Xeral: 6,00 €

Reducida: 4,80 € (Maiores de 65, desempregados, persoas con discapacidade, estudantes de 7 a 18 anos, familias numerosas).

Gratuíta: Nenos/as de 0-6 anos. 

 

Prezos IVE incluído. Acreditación necesaria para as reducións e gratuidade.

 

Días de entrada gratuíta:

Día Internacional dos Monumentos e Sitios (18 de abril), Día das Letras Galegas (17 de maio), Día Internacional dos Museos (18 de maio), Día Nacional de Galicia (25 de xullo), Día Europeo da Arte Rupestre (9 de outubro).

VISITA GUIADA

Se visitas un museo de arte contemporánea seguro que o prefires facer con alguén que che axude a interpretala. Pois na arte rupestre, a experiencia mellora, e moito, se te acompaña unha das nosas especialistas. Así darache as claves dos enigmáticos significados e mesmo mellorar a percepción dos gravados na pedra. 

Visita connosco os principais puntos da Área Arqueolóxica do Parque ademais da recreación do poboado da Idade do Bronce. Consulta os horarios das visitas guiadas programadas para cada día. 


Que inclúe o billete para a visita guiada?

•    Visita á Área Arqueolóxica guiada por especialista.
•    Acceso gratuíto ao recinto e ao centro de interpretación durante todo o día.
•    Prazas limitadas a 25 persoas.
•    Apto para todas as idades.

 

Imaxe
Visita guiada ao PAAR

 

VISITA NOCTURNA

Se de día os petróglifos son fascinantes, de noite vólvense máxicos. As Noites no PAAR ofrecen unha perspectiva única da arte rupestre, deseñada para crear as mellores condicións para admirar a súa beleza.

Cunha luz potente en posición rasante sobre as gravuras, os motivos emerxen da superficie da rocha grazas a un xogo de luces e sombras que revela a súa verdadeira esencia. Na escuridade, a iluminación realza cada trazo e cada figura, permitíndoche descubrir detalles e segredos que a luz do día oculta.

Ven e descubre por que a noite é o mellor momento para explorar as rochas do Campo Lameiro.

Que inclúe o billete para a visita nocturna?

•    Visita exclusiva á Área Arqueolóxica guiada por especialista cando o PAAR está fechado.
•    Acceso gratuíto ao recinto e ao centro de interpretación durante todo o día.
•    Prazas limitadas a 25 persoas.
•    Apto para todas as idades.

Consulta os HORARIOS das NOITES NO PAAR

Reserva Agora

 

Imaxe
Visita nocturna ao PAAR

VISITA EN GRUPO AO PAAR

No Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre, ofrecemos experiencias personalizadas para grupos de máis de 10 persoas: asociacións, turistas, congresos e outros colectivos. Para garantir unha visita adaptada ás vosas necesidades, cómoda e sen aglomeracións, é obrigatoria a reserva previa.

> PARA CENTROS ESCOLARES PREME EN EDUCACIÓN 

 

Opcións para todos os gustos (e tempos!):

  • Visita guiada: Pode incluír a visita á exposición permanente, paseo pola Área Arqueolóxica e exploración do Poboado da Idade do Bronce.
  • Actividades Adicionais: Complementa a túa visita con obradoiros arqueolóxicos (lume, cerámica, caza, etc.).
  • Visitas Personalizadas: O noso equipo está preparado para crear unha experiencia "a medida", adaptando a visita aos vosos intereses e combinándoa coa oferta de hostalería local, ou co uso de espazos do centro, como a Cantina.

Como Reservar:

Envía un correo electrónico a reservas [at] paar.es (reservas[at]paar[dot]es)

Chama ao 886 151 195

Descarga o dossier para grupos

 

Imaxe
Visita de turistas ao PAAR

ACCESIBILIDADE

As instalacións do CIDAR están adaptadas para a circulación de persoas con mobilidade reducida. Conta con ascensor, ramplas e aseos adaptados.

Existe un itinerario accesible na área arqueolóxica que comprende as estacións 01 e 02, ademais da vista exterior do poboado (09). 

Arte ComPAARtida 

É un proxecto posto en marcha desde o PAAR para difundir e achegar a arte rupestre a colectivos con dificultades de acceso á cultura.

Quen pode participar?

Asociacións sen ánimo de lucro, Fundacións, ONGs ou calquera colectivo que traballe con persoas que atopen obstáculos no acceso á cultura.

En que consiste?

Os colectivos que participen no proxecto terán a oportunidade de visitar o PAAR e realizar actividades con nós de balde. A experiencia estará adaptada ás características singulares de cada grupo.
 

GUÍA DE VISITA

Prepara a túa visita

  • Para apreciar os gravados en todo o seu esplendor, visita o Parque con luz baixa ou mesmo en días de choiva. Non esquezas consultar o noso programa de visitas nocturnas!
  • Acompáñanos nunha visita guiada e descubre todos os detalles e significados dos petróglifos da man das nosas expertas.
  • Lembra que o PAAR está situado en plena natureza. Trae calzado cómodo e fechado para gozar da túa visita sen preocupacións.
  • Comeza a túa visita polo Centro de Interpretación para coñecer a fondo a arte rupestre galega antes de explorar o Parque.
  • Temos unha chea de actividades que poden converter a túa experiencia en algo moi divertido e memorable!
  • Somos un espazo petfriendly, podes traer a túa mascota, sempre atada e baixo supervisión.
  • Para tomar un descanso na túa visita entra na nosa Cantina Rupestre ou trae o teu pícnic á nosa área de merendas, ao lado do Centro de Interpretación.

Normas de visita

Os grupos soamente poden acceder ao PAAR baixo a modalidade de visita guiada previamente programada.

Os petróglifos localízanse na Área Arqueolóxica do PAAR do Campo Lameiro. Ten en conta:

•    Os petróglifos posúen a maior protección legal existente (Bens de Interese Cultural). Calquera agresión neles será sancionada pola administración, sendo especialmente daniño pisar a superficie dos paneis ou remarcar os sucos dos gravados.
•    Está prohibido saír das plataformas de visualización e pisar as rochas con gravados. 
•    Utiliza os camiños habilitados e sinalizados, xa que son os que se atopan no mellor estado.
•    Respecta a vexetación presente nas 22 hectáreas do Parque.
•    Prohibido depositar lixo ou calquera outro tipo de obxectos dentro do recinto.

O CIDAR (Centro de interpretación) é un espazo que require dun ambiente de tranquilidade e sosego para unha visita de calidade. Ten en conta:
•    Deposita os vultos grandes nos armarios habilitados para garantir unha visita máis cómoda (mochilas, paraugas, bolsos, etc.)
•    Non se pode comer ou beber no interior do centro. Utiliza os lugares habilitados para a comida e a bebida: cantina e zona exterior da área de descanso.
 

COMO CHEGAR

 

Estamos a 3 km da capital municipal do Campo Lameiro, na comarca de Pontevedra.

  • Desde Pontevedra: 20 km. Pola PO-223 ao Campo Lameiro. Tempo aproximado: 25 minutos. VER INDICACIÓNS
  • Desde Vilagarcía de Arousa: 28 km. Por PO-305 até Caldas de Reis, despois comarcal PO-221, dirección Moraña e O Campo Lameiro. Tempo aproximado: 40 minutos. VER INDICACIÓNS
  • Desde Santiago: 46 km. Dirección Pontevea, Cuntis, Moraña e finalmente O Campo Lameiro. Tempo aproximado: 50 minutos. VER INDICACIÓNS
  • Desde Vigo: 52 km. AP9 até Pontevedra e N-541 até San Xurxo de Sacos, xira á esquerda pola PO 231, 8 km até o Parque. Tempo aproximado: 50 min. VER INDICACIÓNS 

Reservar ahora