Ir o contido principal

Novas

Outono PAAR 2026

19 de Setembro de 2026

Coa chegada do outono, no PAAR mudamos de horario e tamén de experiencias! 🍂

Algunha vez te preguntaches como se facían as ferramentas e armas na Prehistoria? Gustaríache fabricar unha coas túas propias mans? Agora podes descubrilo!

🔨 Primeiras armas (Todos os fins de semana de outubro, novembro e decembro)

Descobre que ferramentas se empregaban na Prehistoria, aprende a dominar o lume e fabrica a túa propia peza.

Experiencias especiais:

  •  Samaín no PAAR (Venres 30 e sábado 31 de outubro, e domingo 1 de novembro)

    • Ídolos da Prehistoria: Eramos supersticiosos no pasado? Achegámonos ás crenzas dos nosos antepasados a través dos seus ídolos.

    • O serán das ánimas: Dúas horas de misterio nas que fabricaremos un pequeno farol para iluminar os petróglifos pola noite mentres escoitamos arrepiantes historias galegas.

       

  •  A metade silenciada (Sábado 28 de novembro)

    Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, realizaremos no interior do CIDAR unha visita crítica para analizar a pegada e a representación da muller na historia e na arqueoloxía.

     

  •  Solsticio entre pedras (Sábado 19 de decembro)

    Despedimos o ano cunha visita nocturna polas pedras máis emblemáticas do PAAR e acenderemos unha fogueira ao xeito prehistórico para iluminar a noite máis longa do ano.

🕒 Visitas guiadas:

  • Outubro: 12:30 h e 17:30 h.

  • Novembro: 12:30 h.

📌 Horarios especiais de apertura:

  • Luns 12 de outubro: de 10:00 h a 19:00 h.

  • Luns 7 de novembro: de 10:00 h a 16:00 h.

 

 

Máis novas

Volta ao PAAR co cole!

Andas na procura dunha saída didáctica que complemente as túas aulas?

web didactica
Reservar ahora