Book your visit for the 2026 school year!
Are you looking for a field trip to complement your classes?
Coa chegada do outono, no PAAR mudamos de horario e tamén de experiencias! 🍂
Algunha vez te preguntaches como se facían as ferramentas e armas na Prehistoria? Gustaríache fabricar unha coas túas propias mans? Agora podes descubrilo!
🔨 Primeiras armas (Todos os fins de semana de outubro, novembro e decembro)
Descobre que ferramentas se empregaban na Prehistoria, aprende a dominar o lume e fabrica a túa propia peza.
✨ Experiencias especiais:
Samaín no PAAR (Venres 30 e sábado 31 de outubro, e domingo 1 de novembro)
Ídolos da Prehistoria: Eramos supersticiosos no pasado? Achegámonos ás crenzas dos nosos antepasados a través dos seus ídolos.
O serán das ánimas: Dúas horas de misterio nas que fabricaremos un pequeno farol para iluminar os petróglifos pola noite mentres escoitamos arrepiantes historias galegas.
A metade silenciada (Sábado 28 de novembro)
Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, realizaremos no interior do CIDAR unha visita crítica para analizar a pegada e a representación da muller na historia e na arqueoloxía.
Solsticio entre pedras (Sábado 19 de decembro)
Despedimos o ano cunha visita nocturna polas pedras máis emblemáticas do PAAR e acenderemos unha fogueira ao xeito prehistórico para iluminar a noite máis longa do ano.
🕒 Visitas guiadas:
Outubro: 12:30 h e 17:30 h.
Novembro: 12:30 h.
📌 Horarios especiais de apertura:
Luns 12 de outubro: de 10:00 h a 19:00 h.
Luns 7 de novembro: de 10:00 h a 16:00 h.
Are you looking for a field trip to complement your classes?