Esta actividade amosa o traballo diario dos arqueólogos no rexistro e documentación da arte rupestre en Galicia, permitindo o achegamento ás tarefas de campo desta disciplina. Os participantes realizarán varios calcos con diferentes técnicas, utilizando como base as réplicas de petróglifos que se atopan na área arqueolóxica.
Obxectivos didácticos:
- Coñecer o mundo da arqueoloxía.
- Adquirir unha linguaxe específica.
- Entender, respectar e valorar a documentación e conservación da Arte Rupestre.
- Realizar diversas técnicas de rexistro para crear a imaxe dun gravado.