Trátase dun obradoiro para descubrir un dos maiores inventos da humanidade: a cerámica. Unha actividade que, xunto con outras innovacións técnicas das comunidades agrícolas e gandeiras, mudou o curso da historia. Ademais poderán aprender algunhas das técnicas empregadas na elaboración e decoración das típicas pezas da Idade do Bronce.
Obxectivos didácticos:
- Descubrir e entender a importancia da cerámica para a vida cotiá.
- Reproducir as fases do proceso de creación e realización dunha peza cerámica.
- Reforzar a creatividade e destreza manual de forma individual do alumnado.
- Coñecer, valorar e respectar os aspectos básicos da cultura Neolítica e da Idade do Bronce en Galicia