Imaxina un tempo onde as cores nacían da terra e as paredes das covas contaban historias de grandes animais. Esa é a maxia da pintura rupestre, e no PAAR convidámoste a descubrila coas túas propias mans.
Nesta experiencia, tanto para público familiar como para adultos, usarás pigmentos naturais como o óxido de ferro ou o carbón, e poderás mesmo moelos con auténticos muíños de man, tal e como facían hai miles de anos. Falaremos de mamuts, bisontes e outros animais das covas máis famosas, como Altamira ou Lascaux, e tamén dos enigmáticos debuxos que están aparecendo nos últimos anos nas montañas galegas.
Unha oportunidade para probar a primeira arte do ser humano.
Qué está incluido
- Acceso gratuíto ao Parque arqueolóxico e ao Centro de Interpretación durante todo o día.
- Actividade dispoñible en galego e castelán.
- Grupo limitado para unha experiencia de calidade.
- Realización da túa propia pintura rupestre con pigmentos naturais.