Preguntácheste algunha vez como vivían os nosos antepasados e que se sente ao crear ferramentas coas túas propias mans?
Neste obradoiro poderás comprobalo!
Todas as fins de semana dende outubro a decembro, no PAAR, ofrecémosche a oportunidade de coñecer de preto os utensilios da Prehistoria. Despois, experimentarás o proceso de crear a túa propia arma e ensinarémosche a acender lume para manterte abrigado este outono.