Invitámoste a explorar a arqueoloxía de xénero no PAAR.
A través dunha visita crítica polo centro de interpretación, realizaremos unha profunda reflexión sobre a representación da muller na historia e na arqueoloxía. O percorrido céntrase en analizar e cuestionar a visión da prehistoria tradicional, identificando a presenza, o rol e, sobre todo, as omisións ou a minimización do papel das mulleres nas narrativas expostas.