Listos para unha misión en defensa do noso patrimonio? O Clube de Protectores dos Petróglifos necesítavos.
Embárcate nunha aventura en familia onde a orientación, a busca de obxectos agochados e as vosas habilidades serán clave para protexer estas valiosas pegadas do pasado.
Se superades todos os desafíos, gañaredes a prestixiosa insignia de Protectores dos Petróglifos! Aceptades o reto? A aventura agárdavos!