Imaxina explorar os segredos das rochas do Campo Lameiro fóra do horario habitual, cando a escuridade e o silencio se apoderan da paisaxe. Cunha lanterna na man e a iluminación especial realzando cada trazo, cada figura, descubrirás detalles que a luz do día non revela.
As Noites no PAAR ofrecen unha perspectiva única da arte rupestre. Ven e descubre por que a noite é o mellor momento para ver os nosos petróglifos, baixo as estrelas e a luz da lúa.
Unha experiencia única na que combinaremos a visión nocturna das rochas máis emblemáticas do Parque, como a Laxe dos Carballos, cun percorrido pola tradición oral e os mitos e lendas vinculadas aos petróglifos e á figura do cervo.
Que está incluido
-
Visita cun percorrido máis extenso que o habitual cunha guía especializada.
-
Acceso gratuíto ao Parque arqueolóxico e ao Centro de Interpretación durante todo o día.
-
Actividade dispoñible en galego e castelán.
-
Grupo limitado a 25 persoas para unha experiencia de calidade.