Ven pasar a tarde connosco neste día de celebración do Máis Alá.
A través dun obradoiro onde poderás realizar un farol coas túas mans e prendelo ao caer a noite.
Despois camiñaremos polo bosque ás escuras guiándonos só coa luz tenue das lanternas que poderemos prender gracias ao lume que se realizará, para poder explorar os petróglifos mentres escoitas aterradoras historias galegas de medo.
Non esquezas vir con disfraz, xa que ao final da actividade haberá "truco ou trato"!