Novas
Volve Invernía para pasar unha mañá na prehistoria!
11 de Abril de 2026
Este xaneiro e febreiro, viaxa no tempo connosco e convértete nun auténtico/a experto/a na Prehistoria. Descubre os segredos dos nosos antepasados a través de dúas experiencias únicas:
- Pintura rupestre: Coñece os pigmentos naturais que deron vida ás primeiras obras de arte da humanidade. Aprenderás a fabricalos ti mesmo e deseñarás a túa propia lámina prehistórica.
- O dominio do lume: Como sobrevivían sen mistos nin chisqueiros? Aprende as técnicas de percusión e fricción para despois practicar a arte de facer lume con madeira. (Si, con paus!).
📅 Cando? Todos os fins de semana de xaneiro e febreiro ás 11:00 h.
E para público familiar e amigos, hai dous xogos para pasar unha xornada do máis divertida!
- Petroaventura
Un xogo de orientación o aire libre que te levará a percorrar os sendeiros do PAAR mentres descobres os misterior que agochan as Laxes do Campo Lameiro.
- Escape room "O tesouro da moura"
Xogo de pistas que se realiza no interior do centro de interpretación, onde porás a proba a túa habilidade para resolver enigmas!
Máis novas