- O profesorado acompañante do grupo será en todo momento responsable do cumprimento das normas e dinámicas. Terá que acompañar a cada grupo durante toda a visita un profesor como mínimo.
- Pedimos máxima puntualidade para poder desenvolver todas as actividades no tempo establecido e seguindo a planificación pactada.
- Ao entrar no PAAR, a persoa responsable do grupo achegarase ao mostrador para que se tome rexistro. Mentres se realiza este trámite o grupo deberá permanecer no espazo indicado polo persoal de atención ao público.
Os petróglifos localízanse na Área Arqueolóxica do Parque. Os visitantes a este espazo arqueolóxico aceptan as seguintes normas para o uso das instalacións:
- Os petróglifos posúen protección legal específica (Bens de Interese Cultural). Calquera agresión neles será sancionada pola administración, sendo especialmente daniño pisar a superficie dos paneis, ou remarcar os sucos dos gravados.
- Utilizar os camiños habilitados e sinalizados polo persoal de atención ao público.
- Respectar a flora e a fauna presente nas 22 hectáreas da Área Arqueolóxica.
O CIDAR é un espazo que require dun ambiente de tranquilidade e sosego para unha visita de calidade.
- Os grupos deben ir sempre acompañados, o alumnado non pode visitar a exposición permanente sen a presenza do profesorado.
- Non se pode entrar con comida e bebida no Centro de Interpretación.