Que haberá máis alá de "Laxe dos Carballos"?
Moitas son as incógnitas que rodean as nosas rochas, pero haberá petróglifos máis escondidos?
Nesta ruta nocturna desvelaremos algúns dos gravados fóra do percorrido principal, coa axuda das lanternas crearemos un ambiente único onde realzaránse os sucos e poderemos ver con total claridade cada figura.
Que está incluido
- Visita cun percorrido máis extenso que o habitual cunha guía especializada.
- Acceso gratuíto ao Parque arqueolóxico e ao Centro de Interpretación durante todo o día.
- Actividade dispoñible en galego e castelán.