Queres descubrir un dos maiores inventos da humanidade? No PAAR, convidámoste a mergullarte no fascinante mundo da cerámica prehistórica, unha innovación que cambiou o curso da historia e a vida cotiá das primeiras comunidades agrícolas e gandeiras.
Neste obradoiro non só aprenderás a importancia da cerámica na prehistoria, senón que tamén porás as mans na masa. Reproducirás as fases do proceso de creación e elaboración dunha peza, utilizando técnicas empregadas na Idade do Bronce.
E o mellor de todo, poderás levar a túa peza para casa como recordo desta experiencia única. Desfruta desenvolvendo a túa creatividade e destreza manual mentres creas a túa propia obra de arte inspirada no pasado.